viernes, 18 de abril de 2025

Manuel María



RAPAZAS


As rapaciñas da Chaira

son caladas e lanzales:

os ollos cor abelaira,

corpo de vimbios vinbiales.


Teñen gracia e sinxeleza

e unha sutil fermosura.

A Chaira deulles beleza,

a soidade, fondura…


Son mozas de moi bon ver

coa humildade da campaza.

¡O que percure unha muller

busque na Chaira rapaza!


PAN


O pan centeo é un tesouro:

semella a terra que o deu.

¡É como a terra de mouro

porque na terra naceu...!


GANDO


O gando da Terra Chá é

mui fermoso:

ollos grandes, corna levada

e pelo raso, fino, moi lustroso

e o paso lento cando fai a andada.


Eu vexo o país nos seus ollos

É mansel, ledo e comedido.

¡Sólo Anxelio boi ben dicido

pra que o conserve sempre de bon xeito!


ORBALLO


¿Serán bágoas da noite

cando tivo que morrer

as pingotas do orballo

tremelucindo ó mencer?


¿Ou son bágoas de ledicia,

as primeiras da mañán,

estas pingas de rosada

que sobre as cousas están?