Showing posts with label 250323. Show all posts
Showing posts with label 250323. Show all posts

Sunday, March 23, 2025

Tareixa Roca




Nesta fermosa tarde de temporal coroñés vou ler uns fragmentos do libro de ensaio Carvalho, sempre alustres de vida e obra. O volume inclúe unha parte miña, unha bibliografía sobre Carvalho Calero, e un estudo de Luís García Soto sobre Escorpio. Tamén contén, por vez primeira, dez fotografías inéditas feitas por Luís García Soto a Carvalho no seu despacho na Facultade de Filoloxía, a finais de 1998. Paso entón a ler uns fragmentos sobre a súa vida. En 1933, don Ricardo convértese en funcionario do Concello de Ferrol por oposición e pouco despois casa con María Ignacia Ramos X, coñecida nos seus anos de estudante en Santiago e compañeira inseparable. Ao mesmo tempo, realiza como alumno libre a carreira de Filosofía e Letras, que remata en 1935. En xullo de 1936, á espera da súa primeira filla, desprázase a Madrid para presentarse a oposicións de catedrático de instituto. Entre os seus compañeiros están Isabel García Lorca, Laura de los Ríos Giner, Gonzalo Menéndez Pidal Goiri, José Crescente Vega, Jesús Ferro Couselo e María Zambrano. A listaxe dos aspirantes declarados aptos figura na Gaceta de Madrid de 1936. Nese momento prodúcese a sublevación militar contra a República, dando comezo á Guerra Civil, na que Carvalho participa activamente defendendo a legalidade. Primeiro en Madrid, no famoso V Rexemento, logo en Valencia, onde trata con Castelao e Ramón Cabanillas, e finalmente no exército de Andalucía. Ao rematar a guerra en 1939 coa vitoria franquista, é procesado por auxilio á rebelión, xulgado e condenado a doce anos de prisión. Aurora Marco documenta por vez primeira os motivos desta condena no Foucel e Roncel de 1992. Como o propio Carvalho indicou, a pena foi de reclusión maior, doce anos e un día, que inicia no cárcere de Xaén. Debido ao elevado número de prisioneiros, en 1941 é liberado condicionalmente, mais a pena non se extingue até maio de 1963, vinte e catro anos despois. Regresa a Ferrol, coñece a súa filla de cinco anos e traballa no ensino privado, pois a condena impídelle exercer en centros públicos e reincorporarse ao Concello. No curso 1965-66 a súa vida dá un xiro: recibe o encargo de impartir lingua e literatura galegas na nova sección de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago. As oposicións de 1936 interrúmpense entón e, vinte e nove anos despois, finalmente aproba e convértese, no mesmo curso, en profesor do Instituto Feminino Rosalía de Castro e tamén universitario. Por primeira vez, con cincuenta e cinco anos, pode exercer no ensino público. Instálase en Santiago, completamente entregado á docencia universitaria, sentíndose plenamente integrado e en harmonía coa universidade que sempre considerou a súa nai intelectual. Como sinala Aurora Marco, Carvalho non deixaba indiferente ao alumnado; fóra da aula era cordial, e moitos mantiveron contacto epistolar ou persoal durante anos. Tiña gran capacidade de conectar coa xente nova, grazas ao seu espírito liberal e aberto. Os seus alumnos lembran detalles como os seus lentes, o reloxo de peto que María Ignacia lle regalou ao casar e que estivo gardado en Madrid durante a guerra. Este reloxo estivo exposto en 2020 na exposición organizada polo Concello de Ferrol no ano adicado a Carvalho. Paso agora a ler un fragmento de narrativa, moi distinto do anterior, con misterio e protagonizado por rapaces de entre 10 e 15 anos. A historia reivindica o tempo libre e a autonomía da mocidade. Comeza cando saen en bicicleta e deciden visitar unha nova tenda chamada Rosmaninho, moderna, coma unha boutique. Alí reflexionan sobre a igualdade no vestir e os dereitos conquistados, mesturando humor e reflexión. Menciónanse costumes de distintas culturas e continentes. Ao observar unhas persoas que viran o día anterior, comezan a xerar intriga e teorías. Mais o tempo apremia e deben ir á estación recoller a súa curmá Lelia. Tras emotivos reencontros e preparacións, deciden visitar ao día seguinte un muíño vello, sen dicir nada a ninguén, para descubrir que misterio se agocha alí. Cansos, regresan e caen durmidos coma pedras.

Silvia Penas








Aprendín a manexar o legón con sete anos, sen levantar poeira nin deixar indicios nos regueiros da súa ida e vida até a terra. Como se contivesen a miña pequena fragilidade, amande extra do sepultureiro. Oficios de homens ambos, di, enterrar e plantar con objetivos opostos. Na miña infancia cababamos pra a vida. Podería dicir que cababamos contra a fame o que lle esteñamos pavor as pragas das patacas e de feito digo que era tarefa das mulleres soster esa canción do metal e o veo das voces anunciando a sementeira e despois calando. Preparabámonos pra plantar e pro inverno. Perdín todas as lembranzas ao mesmo tempo que na aldea se perderon as vendimas. Ou quizáis foi onte, cando a miña tía deixou de enviar mensaxes encriptadas ao bodo os paxaros e preparámonos tamén para enterrala. Oxe, trae o meu saber ancestral e cabo moi fondo para abrir a carne desta illa. Veixo como pinga o sangue desde o meu pulmón para o lado esquerdo do tarrafal. Acoden a min mulleres que me precederon e restos de pregarias para curar un tifo, unha cólera. Panos para o pescozo con papeiras da miña irmá. A miña irmá abrindo a carne cun rezo en Chiriguano. Eu cabándose na súa xuda o centro imaginario destas augas. Sucos, o sol e eu, pras canas e pro guardente que se prende as gargantas dos homens e dos cativos, as pernas acantiladas das meniñas, fartas da beleza e do tom bisílago do mar. Eu quixen abrazar a carne desta illa e escorregaba, como as coxas da miña irmá, cunha nos anai en brazos, en loita contra o aire ata o sofá, preparándonos para enterrala. A nosa nai tamén escorregaba entre os seus dedos como as vísceras ou os ratos do campo que esquivan aixada e a gadaña, acostumados ao abrigo da terra, mas sempre souben que atendían ao veo das mulleres. Aprendemos a manexar o legón con sete anos, sen levantar poeira nin deixar rastro nos regueiros, pero ninguén nos explicou que o legón non serve para cavar tan fondo nin na carne, nin na chaga. Talvez as molleres nos protexían acerca do plantar e enterrar. Acumulaban no vento as pegadas do grito. Despois calaban para sempre. Nunca souben diferenciar o poema do mundo ni do meu corpo. Mal distingo un peirao ou o peso dun atardecer da pela voltada que me rodea as uñas. Pero podo, por exemplo, colocar a palabra illa no límite do oso externo onde só chega o aire e a partir de aí pronunciar povo. Moitas veces a partir de aí. A partir de aí, a vida. E o resto, ceo. Nin pena, nin medo, apenas ceo. Nin presidentes, nin guardiáns da vergoña, apenas ceo. Nin castigo, nin ruínas entre as ruínas, nin traballo a forza, nin mentir yo cansazo das mans. A man sabe, a man entende, a man pensa e por riba das mans ceo. Apenas ceo. Nin soidade, nin pobreza contra os cristais dos coches, fame motores o mesmo compás fronte o inverno amortallado. Nin arames escuracando a atmosfera e todos os seus conjuntos de membranas esféricas e repetidas. Apenas ceo. Nin o espolio das casas que un día, nin éxodo, nin desarraigo, non existe refugio que poida pronunciarse sen pensar na morte. Ben, acércate agora. Entreteza túa tristeza na miña xaia abanada polo desexo da chubia. Non é a decisión dos deuses esta tumba de asfalto rochas poeira e nocturnidade premeditada. É apenas ceo, apenas ceo. Nin carencia, nin rastros daquela ira contra os pasos. Apenas ceo bañándonos de vento para baixar despois a brindar polo verán quebrado. e o ceo, e a viaxe e o ceo, e a fraternidade e o ceo, e os povos, e todos os rituais contra a seca e tamén o ceo, nin o ouro de Roma caendo a cedo en ribadas horas, nin as carruaxes con especias das indias empoirando a catástrofe, nin o corno do elefante, nin o penúltimo alento do rinoceronte, apenas ceo, apenas levantar a vista e ceo, apenas empuñar a vista e ceo, erixir os estandartes da beleza contra o ceo, Un combate de precisión coa verticalidade enarborada. Enarborada unha bandeira que non é abanada polo vento, unha bandeira que é en sí mesma o vento e o ceo. Unha bandeira de ceo, de apenas ceo. A partir deste verso, o resto é ceo. Canto primeiro para un único fillo. Vinte apoiado nese limiar que asoma e traduce a unha lingua incomprensible o meu medo primairo aproximarme. Atravesala a miña propia urxencia sobre o trazado nocturno do teu corpo fugaz, cúmio dunha verdade distante. A inocencia infectaba e fería como bordar no centro da almofada coa guia apuntando o corazón do tímpano. Non te oía berrar, non te oía berrar, En a miña tentativa, a escoita alteraba desde o cerne do ruido calquera doutrina aproximada ao nomeable. Eu podía narralo todo, haga sabida. E seguías en oírte. Quizáis porque a túa lingua materna é diferente a miña. E a vez foi sempre a mesma. Aquí non batallan os significantes, non importa. Ninguén sabería tampouco desgarralos do límite. A túa voz en grito sobre as chairas, a túa voz en grito, a túa voz en grito sobre unha noite en que parir non significaba case nada. Como a unha gata de rúa en primera ferida a forma dos mirtos, na xeografía a espiral da cicatriz. E aquel olorteo a nacer, sempre nacer, por riba de todas as renuncias. Tería que falarche, mai niño, da seca. do peso da violencia ao revelarse. Sería unha historia breve e silenciosa como os teus dedos engurrados na piscina ou a seriedade das miñas pálpebras caendo en riba dos arames. Este canto é para que sexas máis despois de ser ainda. Subirte ás escaleiras do navío e alvisque esa estela que deixaron os meus peitos. Se sangraron, se esqueceron as luces apagadas e o pulso perdéndose no mundo. A miña urxencia bañarás en a firmeza do teu paso. Este canto é carne contra carne. Servirá para dicirche máis a modo nunha lingua que tezamos con correntes de río, arterias, tripas ou outra flor calquera que nunca serei nai de máis ninguén. Por lealdade, por guardar ese nome de nai intacto nos teus ollos. Emilia chorando. Emilia metendo a cabeza da filla no balde cheo de vaguas, os ollos cravados na morte que acogan o fondo do balde, o pelo negro trincado na mán. Emilia metendo a cabeza da filla no balde de vaguas, Emilia chorando as fervenzas do río, tinguindo de prata o manto do canabal. Emilia apetrena a pel silenciosa, máis de vinte anos en ser acariciada. Afástase do vento que remoe a filla por non estrar o lor a soidade polas comisuras ardentes do patio. Emilia metendo todo alcohol da filla no balde de ferro, Emilia metendo toda dor da filla no balde de ferro, Emilia metendo a cabeza da filla no balde de vaguas e o balde reborda, Emilia chorando, Emilia chorando amarrada ao amor que asolaga o balde, de bruzada no etílico corpo dobrado da filla, Emilia chorando. Emilia chorando as vaguas da filla para enxelo o balde. Emilia parindo 68 anos os fillos da filla. Aleitando en sangue a filla da filla. Emilia mergullando violenta e precisa a cabeza da filla no balde de vaguas. Esa forza de nai infinita e terrible. Esa forza de nai infinita e terrible. Se lle falla o pulso, sería a segunda filla afogada de Emilia. No intre exacto, Emilia ergue a cabeza da filla e volve a chantala no balde co dominio preciso dun samurái. E as vaguas estradas. Emilia cargando no lombo co balde coa desolación da filla. A indixencia da filla pesando no peito dereito mancado de Emilia. As dúas chorando. Valeiran o balde nas ervas que medran na aira. Magua desas vaguas que o verán traer a secata ao pozo de Emilia. A filla arrastra a vergoña ao chanzo primeiro, moi a modo, seguindo a raiola que o sol puxo no adro da casa da Emilia. Emilia chorando. Emilia chorando. Emilia chorando.






Eva Teixeiro







Vou ler un texto do verán de 2023 que está aínda sen publicar en ningún libro e que fai referencia a un espazo que me parecía moi suxestivo para contar unha historia de dúas personaxes. Os ollos da noite. Un. Vai a cabadiña, xa non é o que era, o tempo achicouna, son demasiados anos, custa levalos ao lombo. Lembro a primeira vez que a vin. Impresionante como era ela baixo o luar. Agora está a se consumir. Cada vez vai a menos. Chegará o día que non estará. Só ficará o seu recordo. Gadaíno en min coa mesma vontade de permanencia ca ela. Dous. Uníunos a soidade anoite. Foi doado dende o minuto cero. Sentou ao meu carón sen decidir cousa. Tres. Correcíame da vida naquel banco desfeito, nunca pensei que alguén viñese a compartilo. O primeiro acompañaba o noso silencio calado, despois desterrámolo con verbas miúdas e fondas. A superficialidade non vai con nós, demos ben niso, tal cal nos afectos. Non preguntou de onde viña, mais lé acorda a miña pel. Iso vale chavida, cando o saúdo é: de quen ves sendo? Pero ela non precisa documentarse, non ten papeis. Coa súa ollada ve o esqueleto de soños que te aluma por dentro. Ten esa valencia e tantas outras. Catro. Tampouco falamos de nós. Semellaba espinhento demais. Comezou ela a conversa. Intrigante. Aí está, resistindo o abandono, foi toda luz, un faro resplandecente, toda beleza arquitectónica e modernidade. Agora é unha fermosa ruína a piques de desborrallarse. Espectacular, merecía ser vítima da historia do século XX. Triste por vir para a xoia de Dionisio Tenreiro e Peregrín Estellés. Púidome a curiosidade, erguei a cabeza para vela, eu que non lembraba facer tal, e non volvín agachala para falarmos. Só había unha referencia posible: a mansión en simbiose coa maleza. Chegoume ese engado para descubrila. Desafiando o tempo, escintilante baixo o luar, enlizada coa voráxine vexetal, coa inmensa voracidade do lume, outro intruso reincidente, manténdose en pé misteriosamente, dous ollos inmensos en fite dende o teiro, outros dous respondéndolles ao meu carón. Tiven boa man na miña escolla. Era un dos seus postos de vixilancia. Tiña traza de velala atesourando imaxes. Fixera a conta atrás do seu albaroque fúnebre. Rexistrar con fidelidade o proceso de acabación. Belo paraíso de privilexio, garda unha memoria terrible, por iso ninguén a quere salvar. Condena o seu servizo á causa, do esplendor a todo o movemento, da multitude ao rosario de espectros. Ela non abandonou, míraa coa tenrura doída, tamén cun aquel de desasosego, cunha inquedanza mansa na espreita. Souben o valor que lle daba por ese aceno, non se acompaña a caída da paisaxe allea. A loita era a morte, a medida: quen sobrevivía a quen. A aurora queda lle pouco, reborda o meu peito ao dicilo. Percorre xa o camiño cara ao etéreo, en danza co eco de música de baile. Tras cruzar os inéditos arcos apuntados, verá de novo o lucernario e os mosaicos. Eu asento este seu legado. En breve serei a súa sucesora. Herdarei o cargo de vixía do Grasal. Insúa, un esqueleto escintilante na noite. Ela será unha luciña máis no firmamento. Xerarei os seus ollos fronte á súa eterna rival. A nosa cita nocturna perpetuarase para sempre. Como Lila me chamo. Diario de Traballo. Non busques a sombra detrás de min, lévoa dentro, sujeir jamat, ruptura en racimo. Século XIX. Muller número un, Maruxa. A contraluz transloce o teu corpo, vas á travesa dun alpendre, o pano de flores cuberto, anoado no curuto. Tes a pel moura como a terra que traballa a veresa. Non hai bágoas abondas para ti, non hai, muller, xustiza nin vinganza. A perda ten o nome que ti lle deches ao nacer. Eras case unha cativa daquela. A fame non sabe de nomes nin de prantos, non lle atopa substancia. Colle o que precisa para manterse, sempre ten que elevar á boca. O loito véote ás alancadas sobre fondo escuro para mudarche o pano. Non hai vida, non hai mudanza posible, nin xustiza, nin vinganza. Século XX. Muller número dous, María. A contraluz debúllase o teu perfil ao pé dunha fiestra. O pano branco sobre branco anoado no pescozo. Ollas a cegas a rúa salvaxe, a máscara da vellez enxouta as bravas. Non hai bágoas abondas para ti, non hai, muller, xustiza nin vinganza. A perda ten o nome que ti lle puxeches cando naceu, non houbo tempo para máis cariño. A barbarie non sabe de nomes nin de prantos, atragoase con eles. Prefire os números que medran exponencialmente. Non hai corpo do delito, nin sangue do meu sangue. Só un mar de ausencia. Non hai esperanza posible, nin xustiza, nin vinganza. Século XXI. Muller número tres, Marian. A contraluz desde Buxa está envolta nun rebuliño de terra. Leidade de pano verde oliva, cabeza e pescozo cubertos. A túa silueta emerxe sobre as ruínas das tendas, esqueleto inhabitábel do desterro. Non hai bágoas abondas para ti, non hai, muller, xustiza nin vinganza. A perda ten o nome que ti lle puxeches ao nacer, ese detalle menor. O masacre non sabe de nomes nin de prantos, exerce na impunidade. En terra viva a historia, que é o seu relato, mentres se executa a memoria. Só isto ten pé, fogar de ti mesma, terman de ti a rabia e a dor, sempre en feminino. Non hai mudanza posible, nin xustiza, nin vinganza. Coda. A xusticeira. A perda ten o seu nome, como puido ter o teu. Nada se me vai en coñecer as vítimas. Que parvada, escoller nomes para a perda, e lesir soleteando felicidade a palabra xusta para nomear o que che vai ser arrebatado. Cativa a forza do antropónimo, receptáculo absoluto do efémero. Dígocho eu, coa cabeza tamén cuberta desde a noite dos tempos, sempre en feminino, como a precariedade, a miseria, a barbarie, a fame, a impunidade. E si, son eu que encolgo e descolgo, tezo e destezo o ceo, a nai que o cobre de estrelas coas súas puntadas irregulares. Son todo, reclámasme con ansia, eu son, mírame ben, es outra muller cuberta, a que un día te fará libre.

Friday, March 21, 2025

Morriña







A escritora cormelá Diana Varela Puñal, recoñecida no eido literario galego pola súa traxectoria poética, vén de acadar unha nova distinción ao recibir o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta pola súa obra titulada A conxura, destinada ao público adolescente. O xurado salientou a riqueza do universo fantástico que a autora constrúe, destacando as súas descricións luminosas e a resolución maxistral da trama, que lle outorgan á narración unha estética singular e poderosa. Esta distinción supón un novo fito na carreira de Varela Puñal, que recentemente presentara Fisterras Atlánticas coa súa propia editorial, Medulia Edicións, reforzando así a súa presenza tanto no campo da poesía como na narrativa xuvenil. O galardón inclúe unha dotación económica de 1.000 euros e a publicación da obra, e será entregado oficialmente o 3 de novembro en Vila de Cruces, converténdose nun recoñecemento que reforza a importancia da literatura xuvenil galega. Varela Puñal, entrevistada previamente, subliñaba a necesidade de fomentar a lectura, especialmente da poesía, dentro dun contexto cultural no que a palabra escrita adquire unha función esencial na formación crítica da mocidade. A conxura, pola súa temática e estética, busca precisamente estimular a imaxinación e promover valores culturais a través dun relato cheo de simbolismo e emocións intensas, inseríndose nunha tradición narrativa con fondas raíces na mitoloxía e paisaxe galegas. A elección da súa obra entre quince propostas presentadas reflicte tanto a calidade literaria como a capacidade evocadora da súa escrita, que combina lirismo e tensión dramática. A autora, xa consolidada como voz poética, expande así a súa produción ao ámbito da novela curta, achegando aos lectores máis novos unha experiencia lectora envolvente. Este recoñecemento supón tamén un impulso á edición en galego, cunha clara aposta pola promoción de novos títulos que poidan fortalecer o tecido cultural e literario do país, especialmente no xénero xuvenil. A súa obra, a través de A conxura, adquire agora unha proxección maior grazas a este galardón. Diana Varela Puñal confirma o seu talento cunha obra que abre camiños na narrativa xuvenil galega.

A obra colectiva Entre Donas presenta un conxunto de relatos escritos por mulleres galegas que, dende distintas perspectivas e estilos, exploran a experiencia feminina, tanto no íntimo coma no social. Este proxecto literario articúlase arredor da pluralidade de voces, cada unha cun ton e enfoque singulares, mais todas unidas polo fío condutor da reflexión sobre a identidade, a memoria e a resistencia. A diversidade temática e estilística constrúe unha polifonía que enriquece a visión do mundo a través da lente das autoras. No desenvolvemento das historias, abórdanse cuestións como a maternidade, a perda, a violencia simbólica e real, ou a sororidade, creando espazos onde a voz das mulleres se afirma con forza. Relatos curtos mais intensos permiten debullar con precisión emocional escenas que revelan verdades silenciadas, experiencias compartidas e conflitos internos. A utilización dunha linguaxe coidada e dunha narrativa precisa fai que cada texto teña un peso específico e un impacto emocional que permanece. A variedade de rexistros, dende o lírico ata o realista, reforza a capacidade evocadora do conxunto. Un exemplo destacábel é o relato de Teresa Moure, que se centra na linguaxe como ferramenta de emancipación, explorando como o uso da palabra transforma as relacións de poder e permite reescribir a historia dende o suxeito feminino. Outro relato de Antía Yáñez afonda na precariedade laboral e na resiliencia cotiá, tecendo unha historia que mestura humor e crítica social. Estas pezas comparten unha vontade común de visibilización e de construción de referentes. A conclusión global do libro convida á reflexión e á escoita, situando as mulleres como suxeitos centrais da creación literaria e da análise social. Entre Donas é unha homenaxe á forza da palabra, á diversidade das experiencias e á capacidade de crear comunidade dende a literatura. Un futuro de máis voces é posible.

O volume Relatan... Nós, publicado por Sermos Galiza S.A., recompila 17 relatos breves asinados por autoras e autores de referencia na literatura galega contemporánea como Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Fina Casalderrey, Manuel Rivas ou Emma Pedreira, entre outros. Esta obra conmemora os dez anos do xornal Nós Diario e ofrece unha reinterpretación literaria dos últimos acontecementos sociais, culturais e políticos da última década en Galiza. Cada relato funciona como espello dunha realidade específica, empregando a ficción como canle para a crítica, a reflexión e a memoria colectiva. Os relatos abordan temas diversos: condicións laborais precarias en “O morcego branco” de Aleixandre, o machismo e a ultradereita en “Angelito cara ao sol” de Castro, ou a represión franquista e o amor prohibido en “Lucía e Manuel” de Diéguez. Outros textos destacan a degradación das festas populares, como “Peixes de cinsa” de Rosalía Fernández Rial, ou as dificultades na sanidade pública, tratadas por Pedreira en “Bicefalus interruptus”. Cada autora e autor propón un universo textual, dende o rural ata o urbano, dende a historia pasada ata a distopía futura, construíndo un mosaico literario da Galiza contemporánea. O relato “Killer Robot” de Manuel Rivas introduce a intelixencia artificial como ferramenta de ironía e denuncia, mentres que “Distancia” de Eli Ríos explora as restricións da pandemia e o amor clandestino, e “Vigocoruñenta” de Xurxo Souto funde Vigo e A Coruña como un só espazo cultural mariñeiro e rebelde. A forza destas narracións reside no seu compromiso coa realidade, mais tamén na súa capacidade de transgredila e reinventala literariamente. Este libro é unha homenaxe á palabra escrita e á potencia creativa dunha lingua que medra co uso e se afirma no relato. Relatan... Nós é un exercicio de memoria, crítica e creación que invita a ler devagar e a pensar fondo, facendo da literatura galega unha ferramenta de intervención e testemuña do tempo.