jueves, 20 de marzo de 2025

Catelao






Eu propóñome a demostrar que Galiza é unha unidade nacional perfeita, e que, polo tanto, ten dereito a dispor dos seus destinos. ¿Ten Galiza un idioma propio?, ¿Ten territorio diferente?, ¿Ten unha vida económica peculiar?, ¿Ten hábitos psicolóxicos reflexados nunha cultura antóctona? Pois logo Galiza é unha nacionalidade, e, polo tanto, ningún antifeixista pode negarlle o dereito de autodetermiñación; é dicir, o dereito a gobernar a sua vida.[...] Algúns homes-galegos tamén- andan a falaren d-un idioma universal, único para toda a nosa especie.[...] Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, co-a súa variedade de culturas, é o siño distinto da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais.[...] Un idioma non nasce pol-a vontade xenial de un grupo de homes; nasce pol-a predisposición psicolóxica d-un povo, que, en condicións hestóricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible d-unha cultura, e todo atentado â língoa [...] representa un atentado â súa cultura domiñante; pero endexamais se deixan asimilar. O problema do idioma en Galiza é, pois, un problema de dignidade e de liberdade; pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos d-esa cultura esterelizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura na propia teta. Pedimos garantias legaes para o desenrolo natural do noso espírito, porque queremos volver a presentarnos diñamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabiduría manifestada) para ofrendarllo ao acervo espiritual da Humanidade.”