Showing posts with label 250322. Show all posts
Showing posts with label 250322. Show all posts

Sunday, March 23, 2025

Branca Trigo











Boas, hola, eu son Branca Trigo, son poeta. Vou ler algúns textos de cada un dos libros que publiquei ou que escribín ata o de agora. Fixen unha selección atendendo a un criterio temático. Penso que é moi importante a palabra, como non podía ser doutro xeito, e o xeito en que nomeamos as cousas, polo que incluín poemas que conteñen a palabra nome. O primeiro é o meu poemario Coñecemento do Medo, publicado por Edicións Malafera no ano 2021. Abro cunha cita de Álvaro Cunqueiro, que di: "O primeiro que facía cun tolo era cambiarlle de nome. Dixíalle ao tolo que por un casual se chamaba Secundino. Ti es Pepito e nada máis, contesta só por Pepito." Despois, parece que arrincando dese Pepito, inventáballe Secundino unha vida nova. E o poema titúlase Actividade 2: fabrica este bálsamo de pertenza. Ingredientes: comprobante de amniocentese, auga bendita, carne brillante, unha ou varias ameazas de apostasía. Instrucións: cultivar o estrondo coas raíces para arriba. Instrucións: oculta as ronchas, vas e olubas de musgo suave provocando unha fotosíntese brutal. Enganar o sol como o mártir os cravos. Cortar follas de aloe coa man espida de fera brava. Prensar a soidade entre as páxinas dun libro de botánica do franquismo. Recordar que o proceso non é todo, aquí a contradición. E o peso das leivas muscula de xocate. Licuar de contado, non metas os dedos. Saber que a liberdade sería demasiado. Se todo se fai correctamente, o menciñeiro non debería diluírse. E medraría xan atado ao nome feo que lle deron. De Condolore, publicado por Urutau no ano 2023. Non, minto, no 2022. Nunca digo o meu nome real nos bares, nin reproduzo no ollo da choiva o que toque algún conduto espectador de golpes, ou contradiga a fe interlocutiva nunha persoa xe controlada que se achega á perfección. O xa later sempre a cona húmida, deixar un bo recordo por se acaso. Nunca ensino alivio á concordancia plena, luz, e que me mate en enganados. De Transo, Edicións Malafera 2024. Despois dunha primeira invocación: O nome preservar ou alterar nos a memoria como a unha operación estética escíndenos da historia. Dunha parte da historia chegan os gumes sucios a gravar floracións no interior de cada cranio. O seguinte, tamén moi breve, é dun proxecto inédito e di así: cómpre definir antes que nada a mina como acto que produce, area e conduto, retorceron o meu nome, o seu pescozo. Antes que nada foi o nome, unha gorxa con area, un enofraco a percorrer a arteria, un nome, ao fondo, como xoias, define o descubrimento. Antes que nada souben, como non saben as ricas, que a dor que me define vén da man da explotación, o nome. E para rematar, o máis recente, dun proxecto inédito e tamén inacabado. Día así: a noite de San Xoán do ano 1626 foi descuberta unha tecnoloxía innomeable. Porque a tecnoloxía, como calquera outra ferida, pode ser descuberta. Neste caso, foi un grupo de mozas da Franqueira quen extraeu dentre os pregos da palabra Milagre un incendio en forma de saber. Aprenderon a ler a vida das persoas na sección transversal da segunda vértebra cervical. Se observasen a miña, por exemplo, saberían da afinación exacta de cada carricanta que me aniñan os oídos, da ausencia de calor na miña cara diminuta e dos abortos como perlas entre a carne aterecida dunha ostra. Saberían que o día que nacín diluviou a auga e que, por uso, nunca bebo auga. Mediante numerosos sacrificios, lembraron o primeiro ser humano que pisou as terras da Cañiza cunha perna necrosada e un tourón por compañeiro. Coñeceron cada filletole desbotado e desbocado nos faiados. Adiviñaron que, segundo Federici, a profecía sería substituída polo cálculo de probabilidades, que presenta un futuro baseado na repetición, na regularidade, na eterna permanencia do sistema. Sen contemplar o ser mutante e insurrecto que é a vontade. So había un elemento que non eran quen de acadar analizando o pescozo cercenado de alguén: o seu nome, porque igual que hai ciencia na masacre dos augurios, hai un vudú ancestral na antroponimia. Ante a incógnita existen dous tipos de persoas: aquelas que, ao descubrir algo que non coñecían, se senten insignificantes e aquelas que, ao descubrir algo que non coñecían, o senten insignificante. Non se encadraban as mulleres da Franqueira, se sentiron a perda da memoria como un desmembramento ou cometeron o crime imperdoable de pensar que non importan as palabras. Non sei o lume aberto, non sei os cervos fracturados ante as portas dunha casa e nin sequera sei se esta é unha historia verdadeira. Eu non leo nos osos. Sei o meu propio nome e pouco máis. E xa é bastante. Dicirse unha mesma é un feitizo imprevisible. Chámate a goreira ou xavia ou bruxa e quedarás marcada como as reses. Pouco antes da súa execución, elas predixeron que no libro esotérico A Galiña Negra quedaría escrito que a verba será última en chegar. Tendo en conta que a palabra Grimorio non é máis que unha deformación de gramática, penso que podemos confiar nas notas desocultistas sobre lingua e adoptar como xaneiro que a verba será a última en chegar. Gardada no peto dun meniño que camiña amodo entre a lava. Non vos equivoquedes, nomear a Deus está completamente permitido, pero a ver quen é capaz de prescindir da escuridade do ollo dos sonagros para así pronunciar unha verba caída sobre o mundo. A ver quen é capaz de expirar máis dunha vez abrindo portas no pulmón da súa idade para deixar a ofrenda: un fío de dióxido. A ver como aceptamos esta morte, que é dicir as cousas. Nomear a Deus está permitido, pero é algo como dicir familias en violencia ou gorxas en canción ou mastigarse en dentes. Como dicir amor, sen someter coa cursiva languidecida os apelidos recónditos en chamas á chama inquisitoria do fogar. E coma un can, a xente nova. Os meses fanse anos para ela, a capela faise can para este ano rabioso de sabérmonos delicadamente mortas. Porque unha morte dura o que a desposesión. A morte dura desde o primeiro dente que perdemos ata que unha meniña se pregunta como se chamaba a nai, da nai, da nai, da nai, da nai da súa nai, e non existe unha resposta. Porque a verba será a última en chegar. E chegará entre corvos, dirá Deus, e centos de mulleres fracas con muletas escaparán correndo, como arañas, e as arañas perderán as patas todas para se confundir co froito da orfandade, e os hospicios encheranse de apelidos inventados na mitose catastrófica do pánico e o acento. A verba chega, rapiñando idiomas brancos do corpo esnaquizado dun exército. A verba chega. É unha bruxa. É os nomes das persoas asasinadas a noite de San Xoán do ano 1626. É o nome das culpables aforcadas. É o nome do verdugo. É o nome do cabalo de estómago infestado e mans pequenas que montaba o verdugo ata deixalo abandonado. A verba. É unha bruxa. Abandonada no peto dun meniño xunto ao Deus que prefiramos. Xunto a un xogo. Un talismán. É unha presiña de peyote. Xuntos, nomes das nais, das nais, das nais, das nais, das nosas nais.






Martiño Maseda







Póuvos recitar e ao mesmo tempo tamén leervos uns textos de diferentes obras miñas. Comezarei por este poema que non ten título do poemario O sabor a ceo das estacións. Un día lembras a primeira vez que sentiches frío. Secadra tamén foi a primeira que soubeches dos límites da sombra. Era polos comezos do outono. Daquela, as palabras respectaban os camiños da súa etimoloxía. Non deixaban prostituírse polo lenocinio de bocas infames. Agora, as estacións parecénse todas. Son como espellos do tempo que non vivimos. Porque tampouco apreciamos a sutileza do orballo pousado sobre nós. E un día o húmido solpor fire pola metade da memoria onde apousan os recordos que te foron mancando. Na outra metade prende a luz con esa lentura da dúbida que sementaron en ti como nunha terra fértil para que nunca tiveses medo de amar a derrota. E así non sospeitas que, ás veces, os adentros forean cobertos de niquele. Mais entre os intersticios da dor tamén descobres que sempre hai alguén en liña que sente o teu frío, que se aveire contigo aos lindes da sombra. E agora, do libro Entre as paredes do silencio, recítovos o seguinte poema. Recuncho da chaira, lenzo no que se debuxa a grafía do que eu son, paraíso acariñado polos dedos do tempo, vou sabendo a túa historia nos ollos da xente que mira dende as entrañas da memoria, adiviñando os teus segredos no celme pétreo das casas que van ficando orfas, na compaña das lembranzas que corren polo seu interior, igual caneno xogando ás agachadas. As túas corredoiras gardan na súa gastada pel o ronxel das pisadas pretéritas que marcharon a ningures na procura dun soño que aínda está por cumprir. E agora de... do poemario A linguaxe das palabras rotas, quixera lervos un par de poemas. O primeiro titúlase Liberdade. Achéganse cruéis pasos, acompañando o desfile militar do odio. Xa sabedeiran as portas da linguaxe, sádicos, inclementes, e provocan unha explosión no territorio do enunciado que define esencias. Das entrañas do cataclismo eufónico van parindo as epígrafes da ignominia, en cada decreto que nos segmenta e convértenos en elipse de carne e pensamento. E outro poema é Suxeito. Mudamos en suxeitos prohibidos por mandato da plutocracia reinante que ilegaliza a forma da nosa pel, sincopando en nós a conxugación do verbo existir. Perdémonos polos hemistiquios da estrofa irreverente, deambulando, famentos desa liberdade para escribir epifonemas que nos borren as cicatrices esquecidas nos significantes dos nosos ósos, polo desgoberno da necidade que se masturba, afogándonos o ventre dos recordos. Do poemario Mapa de xeografía emocional, quixera lervos tres textos. Non levan título, así que leo xa... Abres as mans e descobres esas poceiras de sombra conquistando os ríos da luz. Un veleno que se deita no relanzo do sangue e vai morrendo a inocencia no principio dos dedos. Esa primeira derrota no fragor da tarde, cando aprendes a acariñar o sorriso sen esquecer o sabor lascivo do sempiterno medo. Mais segues amando o esplendor da herba, aínda latexa algo humano dentro de ti. E outro texto é Plantar sentimentos no útero das leiras, velos medrar no abrazo da vara que ti cosiches á terra como apuntadas de suor e memoria. E o poema renace baixo o gromo dos teus dedos na metáfora indisoluble da carne ao silencio que fecunda a horta do tempo. Lembrarte, papá, nese outonar da esperanza que ti sementaches sobre os sucos do vento. E o último texto deste poemario que vou ler é... Escoitas a memoria do vento. Un paxaro morreu por pensar que podía voar libre. Unha muller morreu porque un home non pensaba deixala ser. Un neno parou de sorrir no cadaleito da praia porque moitos homes afogaron o pensamento da dignidade. E, mentres tanto, deste lado da escrita, abrazamos este sol cos ollos pechos. No xardín da malicia andaba un home que facía o amor coas plantas. Inoculáballes o esperma que levaban os dedos para fecundalas coa xenda soidade. As plantas murcharon. Ela había tempo que coñecera a sedución da morte. E, mentres tanto, desta beira do poema, adoramos o fulgor da navalla coa que sometemos a primeira inocencia do mundo. Escoitas a memoria do vento, repudias esa apracible mensaxe que fai ladrar o medo. E agora deste poemario Fotogramas da desfeita, lervos un par de poemas. O primeiro titúlase Acorda a escravitude. E o silencio reinaba de novo sobre o cuarto ferido de tantas cicatrices causadas nos solsticios da ira. Así que avilou que a vez que se namorou del, ninguén lle falou do abismo no que se precipitaba a súa alma. Porque el non era o home, era a besta disfrazada. E ela viña sendo a súa presa, o aceipto marcado na feira dos sátiros. Con todo, ela un día repúxose, mirouno de fronte con ollos firmes e berroulle por primeira vez: Non! Despois, os seus berros mudaron en dúbidas queixas que ardían nas lapas do inferno que prendera a demencia do ancestral macho. E o último deste libro é A palabra morta. Era a derradeira falante daquela lingua con mil anos no seu corpo de sintagmas e poesía. Lingua nai de linguas, irmá de linguas, parida de outras linguas. E cando quixo falala, cortaron a lingua e selaron a boca. E cando quixo escribila, cortaron as mans e ataron os brazos. E cando quixo debuxala na area da praia tamén milenaria, cortaron os pés e enterraron as atoxóns (¿atochóns?) [posible erro do orixinal]. E cando quixo pensala, mataron o fillo que levaba dentro para que derramase o sangue dos verbos e predicados, aínda por construír. E agora para rematar, gustaría me ler un fragmento deste relato que se titula Todo por unha teima. As mans do Antón traballaban arreo, cunha valentía case máxica, tapou a boca do nicho cun xanto mouco e deforme. Entrementres, unhas poutas frías pousáronse sobre as súas costas, anunciando a inmediata aparición do espírito noitarego, como se fosen invisibles pombas mensaxeiras. A igrexa laiou a presenza irta da soidade que a bordeaba como un cíngulo de aire. Abrazando, de seguido, o enorme toro do carballo e agasallaba coa súa sombra, dentro do principio dos tempos, a entrada do camposanto. De vez, o murmurio da caterva afastouse, lastrando tras de si un ronxel mudo que zorrachou a súa violencia do vento ao bater as palmas coas ramallas espidas do carballo. Os ollos do Antón buscaron no funil do solpor algún sinal do acto solemne que alí sucedera había pouco. Pero tivo que consolar a vista coa resposta erma que ofrecía o adro. Co ánimo enfastiado tornou á súa tarefa. Meteu a masa nun caldeiro metálico. Tomou nunha man a paleta e na outra o vello esparavel de madeira, encorvou nel varias padexadas de argamasa e a continuación comezou a estendela polo perímetro do xanto, esbozando cenefas pastosas coa devoción dun artista plástico. Así, ataselou o derradeiro burato do xácigo. Despois, recuou uns pasos para ampliar o ángulo da súa perspectiva. O aceno disimulado da cara denotaba unha simbiose paradoxal de ledicia e atristamento. A satisfacción de realizar un traballo con plenitude confundiuse, como auga, por ter que oficiar de sepultureiro. Nada máis. Moitas grazas.