Showing posts with label 250321. Show all posts
Showing posts with label 250321. Show all posts

Sunday, March 23, 2025

Miguel Sande






Quero compartir con vós algúns poemas dos meus dous últimos libros. Vou comezar cunha lectura do poemario Tundra, que foi premio Fiz Vergara Vilariño. Agardo que me acompañedes nesta viaxe. Caderno de campo. Notas previas. O poema podería ser unha expedición simbólica, de cervos e lagos xeados, romántica na construción dun escenario nórdico, de paisaxes arcaicas. Pero a neve irá cubrindo as pegadas, como nos contos onde un ser desvalido extravía o camiño de regreso á casa nunha noite de inverno. Abandonar a casa presupuxo unha esixencia lingüística, botarse fóra dos lindeiros, sentir cada palabra como unha experiencia física lonxe dun deseño cultural previamente establecido. Sentir o medo a camiñar sobre o xeo, a desorientarse entre a néboa, a non atopar refuxio fronte á agresión do descoñecido. Na mochila, levar as preguntas imprescindibles, non sobrecargala de peso, usar a linguaxe como equipo de supervivencia. Nesta viaxe, a palabra amor non debería ter máis carga semántica que a aresta dunha pedra ou a composición xeolóxica dun mineral. Ningunha voz debería definir o amor sen experimentar antes os efectos da intemperie, sen ser derrotado polo peso milenario da montaña, sen ter conciencia da tensión previa á caída dunha folerpa de neve. Humana é a escala coa que se debe medir o poema, a súa probabilidade de non dar alcanzado as alturas. Conmovedora a súa actitude de seguir avanzando sen albiscar o horizonte, nun lugar sen máis cartografía que a propia intensidade do branco, reticente a calquera proceso de adxectivación. Ao mencer partiremos cara á tundra. A distancia é a lingua propia do inverno. A neve, un fonema distintivo. O frío, un hiato entre os beizos. Onde non habita a linguaxe, o límite di extremo norte. Neva. Segue a nevar desde o primeiro inverno do universo. E quen sabe se existen as folerpas ou son un carambelo da memoria. Unha luz exiliada desde a infancia. O relampo que nos conxela a voz xusto nos beizos e nos impón o asombro da montaña. O mutismo do candán nun tempo despoxado de linguaxe, como se nevase desde sempre e a boca fose a porta aberta da cabana onde se agarda a hora do regreso. Así acontece a ansia do tempo entre os amantes. Nin a fin do mundo apagará o fulgor da nevarada, o murmurio da neve amañecida, o tacto da luz sobre a tona do xeo, o brado dos cervos antes da cópula, a esa música considerámola silencio. O alén existe, di relampo, gozo nas cimbas, fulgor que conmove a montaña e xea. Lévanos da man neve, lévanos lonxe dos nomes, ata o lugar glacial onde os signos son fósiles de xeo e a linguaxe, un laio sen voz no alto da montaña. Lévanos ata os glaciares, ata os cumios máis altos, lévanos o fulgor do xeo, a xeometría máis pura, a arquitectura do frío antes do ser humano. Ser ansia de neve, fulgor boreal, norte absoluto. Atravesar a brancura, chegar ao límite da extenuación, non saber onde comezan as fontes. Amar un segundo antes da explosión do gris en nube boreal de nevarada. Agardar á labarada entre a bruma, caer como as ludes do paraíso, desprenderse en brancura. No extremo norte, onde se esvaen todas as linguas, din que existe un lugar onde os monstros pronuncian o seu nome e descobren que o amor nunca foi un substantivo abstracto, senón o último acto antes de extinguirse co corazón convertido en meteorito.

Carlos Negro




Quero compartir con vós algúns dos poemas dos meus dous últimos libros. Vou comezar cunha lectura do poemario Tundra, que foi premio Fiz Vergara Vilariño. Agardo que me acompañedes nesta viaxe. Caderno de campo. Notas previas. O poema podería ser unha expedición simbólica, de cervos e lagos xeados, romántica na construción dun escenario nórdico, de paisaxes arcaicas. Pero a neve irá cubrindo as pegadas, como nos contos onde un ser desvalido extravía o camiño de regreso á casa nunha noite de inverno. Abandonar a casa presupuxo unha esixencia lingüística, botarse fóra dos lindeiros, sentir cada palabra como unha experiencia física lonxe dun deseño cultural previamente establecido. Sentir o medo a camiñar sobre o xeo, a desorientarse entre a néboa, a non atopar refuxio contra a agresión do descoñecido. Na mochila levar as preguntas imprescindibles, non sobrecargala de peso, usar a linguaxe como un equipo de supervivencia. Nesta viaxe, a palabra “amor” non debería adquirir maior carga semántica que a aresta dunha pedra ou a composición xeolóxica dun mineral. Nesta viaxe, ningunha voz debería definir o amor sen experimentar antes os efectos da intemperie, sen ser derrotado polo peso milenario da montaña, sen ter conciencia da tensión previa á caída dunha folerpa de neve. Humana é a escala coa que se debe medir o poema, a súa probabilidade de non dar alcanzado as alturas. Conmovedora a súa actitude de seguir avanzando sen albiscar o horizonte, nun lugar sen máis cartografía que a propia intensidade do branco, reticente a calquera proceso de adxectivación. Ao mencer partiremos cara á tundra. A distancia é a lingua propia do inverno. A neve, un fonema distintivo. O frío, un hiato entre os beizos. Onde non habita a linguaxe, o límite di “extremo norte”. Neva. Segue a nevar desde o primeiro inverno do universo. E quen sabe se existen as folerpas ou son un carambelo da memoria. Unha luz exiliada desde a infancia. O relampo que nos conxela a voz xusto nos beizos. E nos impón o asombro da montaña. O mutismo do candán nun tempo despoxado de linguaxe, como se nevase desde sempre, e a boca fose a porta aberta da cabana onde se agarda a hora do regreso. Así acontece a ansia do tempo entre os amantes. Nin a fin do mundo apagará o fulgor da nevarada, o murmurio da neve amañecida, o tacto da luz sobre a tona do xeo, o brado dos cervos antes da cópula, a esa música considerámola silencio. O alén existe, di relampo, gozo nas cimbas, fulgor que conmove a montaña e xea. Lévanos da man neve, lévanos lonxe dos nomes, ata o lugar glacial onde os signos son fósiles de xeo e a linguaxe un laio sen voz no alto da montaña. Lévanos ata os glaciares, ata os cumios máis altos, lévanos ao fulgor do xeo, á xeometría máis pura, á arquitectura do frío antes do ser humano. Ser ansia de neve, fulgor boreal, norte absoluto. E atravesar a brancura, chegar ao límite da extenuación, non saber onde comezan as fontes. Amar un segundo antes da explosión do gris en nube boreal de nevarada. Agardar á labarada entre a bruma, caer como as ludes do paraíso, desprenderse en brancura. No extremo norte, onde se esvaen todas as linguaxes, din que existe un lugar onde os monstros pronuncian o seu nome e descobren que o amor nunca foi un substantivo abstracto, senón o último acto antes de extinguirse co corazón convertido en meteorito. Ben, esta foi unha viaxe pola tundra e agora, se mo permitides… Vou cambiar de rexistro e vou meterme nunha obra máis íntima relacionada coa memoria familiar, neste libro que se titula Estrita necesidade, no que me acompaña o fotógrafo e amigo Benxamín Otero, e vou lervos algúns poemas que falan quizais da paternidade e da memoria. Estrita necesidade. En como aproveitas o carozo da mazá, en como vas arrodeando co coitelo a parte podre, nese xesto coa peza de froita gárdase a fame toda dos corenta, a ansia de que nunca sobre nada, de aproveitar a tacuña máis dura, unha forma de ser xa inquebrantable. O xeito en que fregas as mans logo de fedellar coa graxa dos motores, minucioso como un rito de purificación, deixalas limpas como unha patena. Iso debe ser a dignidade do proletariado, iso é unha presa de fías para secalas. A pel endurecida no rostro. Tamén no pescozo afeita o sol. Pero as pernas tan brancas na praia. Veraneo dos setenta. Vinagre na pel e tomate. Misturar o amor co matrimonio como a fariña branca co farelo. O amor era un corpo leñoso, o recendo dos dedos a resina. O amor era erguerse cedo, vestir a muda branca da cadeira. O amor era asegurar o fío solto nun botón da camisa de flanela. O amor era comer xuntos nun restaurante de camioneiros. O amor era regresar á casa cunha caixa de mantecadas de Astorga. O amor era ese aire lixeiro que o tempo volveu cemento armado. No garaxe sempre había un coello esfolado a pingar sangue sobre un caldeiro azul, pendurado dun gancho coa órbita dos ollos valeira. E ao día seguinte, acompañado de arroz, había que comelo sen deixar nada. Así se aprendía o sabor da morte nas casas. Antes. As túas mans de pai, as túas mans de vello. A prancha no prato do grosor dun cabelo. O corte da navalla axustado ao milímetro. Ningún verso a esa altura. Víanse no prato a tona e o coitelo. Finísimas as pranchas. Ese tempero aínda ao teu alcance. Mans de fariña. Ouro no que tocan. Verte a bó, ver tocarlle a banda ou trapeza, e poñerlle música aos eródeos afectos. As cóxegas na palma da man polo farelo que cae do bico da peneira, ter conta delas. Chaves de paso, as mans.

Farruco Graña





Para dar a coñecer un pouco o meu traballo, escollín un texto dun relato curto e inédito, Ferreiriño Real, que é un relato que escribín para homenaxear a Suso Peña, historietista, debuxante, fotógrafo, deseñador gráfico; a fin de contas, un creador nato da vila de Ribadeo que xa nos deixou hai moitos anos. E todas estas liñas son dedicadas á súa figura e aos seus compañeiros e compañeiras. Dende o alto da Frouseira convoco o espírito do cofano do Valedouro, que nin mouro era, nin del quero atopar máis tesouro que a coraxe que amosou para se enfrontar aos seus inimigos. Por moito que me recreen mundos lendarios perdidos na noite dos tempos, non penses, Miguel Anxo, que é para me pechar neles e esquecer canto nos rodea. Ás veces, motivos abondan, mais debemos pelexar contra o rutineiro pasar dos días, e de cando en vez cómpre dar algunha que outra reviravolta, escollendo camiños afastados, mais que nos han levar á fin desexada. Convocar as forzas do mal da man do mago Manilán non deixa de ser unha brincadeira pracenteira coa que recrear as abelencias do cantar do Ferreiriño Real ou poder sufragar a goleta coa que emprenderemos viaxe ata os mesmísimos Andes, atravesando a pasaxe de Drake e costeando a Terra de Fogo para facérmonos cos cacahuetes orixinarios que mellor alimentan o machín do carboeiro. Benvido sexas, Romeiro, que visitaches Roma e agardas pola cuncha coa que máis tarde has de beber nas fontes que balizan o camiño cara Xerusalén. Escolliches o vello camiño arrentes do mar, escoitando a cada intre o ouveo das augas salgadas do Cantábrico, boureando os collos que envernizan as calas inóspitas sobre as que se erguen cantís de vertixe. Nunca tanto a túa alma se sentiu tan apremada pola forza dos catro ventos e os nubeiros dos sete ceos como cando atravesaches a ponte que tremelucía elevada sobre o río Cabo, ao oeste duns montes arrepiantes que dan en chamar as Vallotas, a uns 260 pés ao sur dun mar que se escoita xemer con xenio, bafaradas de salitre, e suspirar escuma e ximpar folerpas salgadas, como se chovese a cachón sobre a vella ponte de madeira, construída cos troncos que, ao ir pousando os pés sobre eles con moito coidado, podes ver por entre os seus intersticios como brincaban revolteiras e estiraban as súas ás as sereas que abrollaban das ondas do Cantábrico para te levar con elas ao escuro Averno mariño. Non temas, este cativo mar de auga doce que une e dá vida a estas dúas beiras correxe coa calma propia do día despois da galerna. Apiados á barca dos Villamil y Castro, levarannos das Figueiras a Porcillán. Vemos que coidas con mimo ese cabazo que portas, algo que, polo que intuímos, é un manuscrito que esperta ollares e interese. Acaso non nos será dada a oportunidade de saber o que nel se conta? Ao arribarmos á outra beira, poderás repousar no hospital que hai alí mesmo. Cando te sintas reposto de tan dura proba como a que nos relataches, que case te levou nas gadoupas indomables do Cantábrico, poderás partir cara Mondoñedo e seguir despois a Santiago. Pero, por favor, rogámosche que antes de nos deixares fagas unha pequena parada no convento de San Francisco para lle ensinar ao irmán Xesús ese teu manuscrito misterioso. É o mellor ilustrador miniaturista de todo o bispado de Mondoñedo. Que non está na biblioteca do convento de San Francisco, á beira mesma do sartego sagrado que adoita visitar, porque lle ten apego á súa terra pequena. Mesmo o bispo de Mondoñedo quixo o levar para a biblioteca mindoniense, mais o noso debuxante sempre fixo por ficar na que para el debería seguir sendo a sé episcopal mindoniense, onde o bispo Pelayo de Cebeira fixo erguer a nosa basílica.


Francisco Xosé Fernández Naval






  • Francisco Xosé Fernández Naval. Vou ler catro poemas de tres libros, unha naquiña de novela e un relato dun libro infantil e xuvenil. Os dous primeiros poemas son de Mar de Lira, o primeiro titúlase Ecoloxía: Pensar que, tendo o mundo tantos milleiros de anos, a memoria da destrución venza á miña propia memoria. Comentei cousas metendo un crego nunha fenda de séculos e enganchando pola gorxa un congro que precisou tres descabelos para morrer sorprendido pola tensión da historia. Costeira, quero ser barca relinga que reteña o teu sorriso, quilla coa que navegues, meu amor, en unha espera. Quero ser o fluído ronxel dos teus desexos, o constante elixir dos teus aloumiños, o destino das folerpas que a soidade ceiba no leito que compartes pero que non me acolle. Quero ser o mar que te respira, a mazá que non comes e que extrañas, a saudade mesma que te abraza. Morrería por te ver namorado cada novo amencer, por ser o peixe que escolles e acaricias, o xeo que fode á túa calor, a cuberta de espellos que te mira. Morrería por ti, amor. Bater de sombras: Un alento escuro ás veces vibra na imprecisión das sombras. É algo que nos posúe lentamente e sen cólera, unha impresión de ferro, unha teima calquera, a cobiza dun anxo desprovisto de luz, a pesadez do frío no interior dunha dúbida, un sorriso ignorado, a negación de ti. Disheches, ben anoite, eu non teño que facer na casa. Irei do teu lugar ao teu baleiro, tránsito azul por entre a néboa dos teus ollos cegos. Percorrerei o val da luz, aberto á escuma, o bosque de canción e de sombra, o río teu sosegado de veas e palabras. E non me perderei, porque nacín das túas raíces húmidas. Do silencio feliz, na flor dos días, na sorte de ter sido de ti. Da novela Alma e o mar, un anaco do capítulo primeiro, La ciénaga: Nacer xa era vida. Esa foi a primeira idea que lle ocorreu ao ver a mancha tinguir de cor a superficie do mar. Chamoulle a atención a concentración de arroaces nunha área tan limitada, sen se desprazar, como adoitaban facer. Arroaces ou golfiños. Nunca aprendeu a distinguir ben unha especie da outra. Algúns exemplares movíanse en círculo, outros permanecían inmóbiles no centro e uns poucos, por fóra, xogaban e daban chimpos como de alegría, pero sen se afastar do grupo. Non era a primeira vez que os vía, arroaces ou golfiños, voraces, dando voltas, saltando, batendo contra as augas e provocando unha explosión de escuma. Dixeranlle que se comportaban así cando atopaban un gran banco de xardas ou sardiñas que nese tempo entraban na foz. Pero o que contemplaba hoxe era distinto. A superficie calma do mar semellaba un espello. Longas liñas de nubes altas e difusas debuxábanse como apegadas dun ingrávido azar. Parían as femias, pensou, observando a mancha avermellada en que nadaban. Sangue e placenta na tona da auga en calma. Imaxinou as crías abandonando o útero e xa nadando. Nacían sabendo. Ao cabo da tarde, espertara unha lixeira brisa. Sentiu un calafrío. Estaba soa na praia inmensa. Sen dubidar, espiuse e bañouse no mar fértil procurando achegarse o máis posible ao círculo da vida. Dos Contos da aboa PepaOs paxaros: Agora, de maior, a aboa Pepa atesoura moitas lembranzas. O seu médico, que lle ten cariño, recomendoulle escribir os recordos para non esquecer as cousas bonitas que viviu. Ela mercou un caderno decidida a anotar nel o que máis lle gustaba lembrar, sobre todo de cando era nena e se erguía cada día coa sensación de que vivía nun xardín de cores e alumios. A primeira notación foi esta, escrita con lápis, coa súa letra ordenada e redonda: O día que saín da casa para ir ao médico, nos arames da luz estaban como cinco andoriñas. O que me fixo lembrar a miña xuventude, cando tiñamos na casa catro niños dentro do patio. O avó prohibíanos tocar os niños e nós obedeciamos. Chiaban e voaban todo o día e a min moito me gustaba escoitalas dende a cama cando rompía a madrugada. Si, no patio da casa sempre aniñaron as andoriñas. Facíano dende antes de nacer eu, e aínda o fan agora. Chegan ao principio da primavera, entre marzo e abril, e constrúen niños de barro. Veñen de moi lonxe, dende algún lugar de África. As andoriñas nais depositaban nos niños os ovos que chocan durante días. Poñen dúas postas antes do verán. Pasado o tempo de incubar, nacen as crías. Cando aprenden a voar, acompañadas dos pais, entran e saen do patio e enchen o aire de rechouchíos. Velas voar e escoitalas piar é unha festa. A aboa Pepa tiñalles cariño porque eran os paxaros da casa e tamén porque, segundo lle contou alguén, unha andoriña cuidara da estatua dun príncipe esquecido situada na praza central dunha cidade. Por descansar, a andoriña pousara nela cando estaba de viaxe de regreso cara África e viu que choraba. O príncipe da estatua estaba triste porque na súa cidade había moita xente que pasaba necesidades. A andoriña aceptou ser a súa mensaxeira. Da súa parte levou os tesouros ás casas máis pobres: a unha, o corazón, que era un rubí; a outra, os ollos, que eran esmeraldas. Tamén o diamante do anel e a coroa, que eran de ouro. Pepa, de nena, ollaba as andoriñas do patio e pensaba que algunhas podían ser parentes daquela que axudou ao príncipe. Na primavera tamén chega a meixengra, un paxaro pequeno de cores branca, negra, verde e amarela, que ten por canto un rechouchío alegre como un repenicado. A meixengra aproveita os ocos que se forman entre as pedras da palleira para facer o niño e gústalle ollar o ceo empoleirada na cima das freiteiras. O avó Vintil, que sabía moito de paxaros e tamén de ditos e refráns, cando vía a noxada Pepa dicíalle: «Semellas unha meixengra en día de chuvia». Outro paxaro que admiraba era a bubela. Chámaselle así polo seu canto: bu bu bu, bu bu bu. Tamén voa dende África cara o norte para pasar o verán e ter as crías. A bubela sempre fixo niño no bosque de piñeiros que hai por detrás da casa. Din que a bubela é un paxaro carrañento ao que lle cheira mal o niño, pero a aboa Pepa sempre a considerou un paxaro elegante e fermoso, tanto pola cor das plumas como polo garboso penacho que luce sobre a cabeza. De todos os paxaros que chegan co bo tempo, o máis listo lle pareceu sempre á aboa Pepa o cuco. «É listo como un cuco», escoitaba dicir de nena, pero ela e as amigas, logo de darlle a volta ás palabras, inventaron esta frase: «É cuca como un listo». O avó contoulle que o cuco pon os ovos nos niños doutros paxaros. Mentres llos chocan unha parella de carrizos ou de paporroibos, pensando que todos os ovos son seus, el canta, empoleirado nas gallas altas dos piñeiros. Sempre pensou que o cuco era diviño porque, cando escoitaban cantar, dicíanlle: «Cuco rei, cuco rei, cantos anos vivirei?», e, se se contaban as veces que o paxaro repetía o cucar, un podía descubrir cantos anos ía vivir. O avó Vintil contaba unha historia sobre o cuco do tempo en que os animais falaban. Resulta que estaba o cuco pousado na súa galla, cando por debaixo pasou alguén que coñecía. «Onde vas?», interesouse, moi educado, o cuco. «Boa sega», respondeu o camiñante. «Pois que che vaia moi ben», dixo o cuco, por se amosar amable. «E logo, ti non ves?», preguntou o outro, nun ton provocador. O cuco respondeu. Quedou un entrecortado como pensando, e ao cabo contestou: «Se está de sol, terei que me poñer á sombra. Se está anubrado, terei que cucar. Pero se chove... se chove, vou», afirmou sabendo que con chuvia non se falla a sega. «Por iso dicimos que o cuco é moi cuco», engadía o avó de Pepa.