jueves, 8 de mayo de 2025

Xoán Manuel Pintos

E todos van indo a unha treidurías profesando, pibela e carís trocando, según que cadre enganar. Lástima dan os máis deles, por máis que vistan galanos, gabando ser mui humanos, de virtudes e saber, que mornos chegan de afora e din en tristes olladas tódalas falcatruadas que veñen ja de facer. Con infinitos tortores pagan as súas maldades, infamias e iniquidades que os homes decote fan e anque parezan alegres e que non teñen traballos, remorsos con duros mallos baténdolle a alma están. Si vós, os cas das aldeas, virades o que se pasa nas vilas, casa por casa, como o sabemos nós ben, folgaríades siquera de ver que entre os animales que se chaman racionais hains como cas tamén. Nosoutros, os cas da vila, non somos como os da aldea, vimos de caste e relea de non ter lei a ninguén, e ó máis chegado parente e ó can millor amigo si deixa de dar pantrigo esquecémolo mui ben. Camelamos ó que esteia da fertuna no poleiro, mais si lle creba o tranqueiro non topa area de sal; e caído, si ten conta, mordémolle no pelexo, e con risa de conexo, polo ben pagamos mal. A alegría é contrabando nos nosos peitos agora civilizados, e fóra botamos ó natural; e da calidá e instinto que aquí truíemos nacendo somente vamos retendo a figura corporal. En todo sempre imitando ós ilustrados señores que trocan os interiores curando disimular. Seique coa túa pibela me pensas ir camelando, –os dentes arregañando o can da aldea falou–, Non quero nada da vila, vaite con Dios malpecado, a comer o pan roubado con quen te desnaturou. O can da vila amoaod o rabo ja entreprenaba e tenro ó outro miraba como pedindo perdón; recuaba a medio lado sin erguer os pés do chan temendo que o forte can lle tirase un tarascón. Por Dios non me fagas mal, –con voz crebada decí– que eu che virei cada día a render o pavellón; contarei usos, costumes e correrei as cortinas de casas (…) cubertas de comechón. E verás muitos alarbes centulos e maricallos, cazoleiros e godallos, muito ninguén e arroaz. Lacoeiros, gurumantes, canaveses, galdrupeiros esculeres, raspalleiros muito choqueiro e lambaz. Esculapeiros, palurdos, labregos e cortezudos, furtabestas, polainudos, muito lavanco e animal, laverco, sandíos, laranjos, lapacalldos, lampreeiros, mudamarcos, manteigueiros, muito lapazo e sanguál. Lambuzas e larafousas, rascamulas e lanudos, baldrocas e máis felpudos, estantiguas e lambóns, lambisqueiros, tumbalobos, nugalláns e máis larpeiros, ciroláns e galdrumeiros, macacos e carrexóns. Catralbos, reviracielos e moinas e atreizudos, almas tortas e virados, millenta e un adramáns, macanqués e mullioas, larengos e castroeiros, cirolás e farulleiros. Gabachos, faramalleiros, armadanzas, lambespiñas, ducias de barbalampiñas, raposos chuchumecóns, lamboiras, códeos, larbuzas, toleiróns e canaveiros, longueiróns e máis pieiros, garabullos e tizóns. Gorróns, latantes e gafos, bousáns, congorxos, sarnosos, fámelgos, lerchos, tiñosos, fedellos, neigos, cañóns. Jansporentrelas e grusmias, aforragaitas, famentos, mixiriqueiros, gafentos, encrenques, lurpias, furóns. Maloutáns e furabolos, almallos e furabolos, lacazáns e máis lareiros, muito fino lapantín, da aldea, mazabarrigas, marrauns e arrocheiros, talludos e farfulleiros e máis tanto palanquín.